Novo iPhone 4. Un teléfono que non vale para falar

Sábado, 24 de julio de 2010 Kastrillón 1 comentario

Quen nos iba dicir que en plena era de avances tecnolóxicos iban pasar cousas destas. Resulta de que o novo iPhone ten graves problemas de cobertura cando se agarra dun xeito determinado, é dicir, é moi fino e hai que collelo con pinzas para que a cobertura non castañee. De feito, Apple está regalando fundas ós compradores, que solucionan este problema (xa é triste a solución tomada…).

Ben se sabe que dun móbil coma este o cliente espera que a cobertura se bote por fóra…

Pero é moi curioso que nun terminal no cal se puxo tanto empeño por introducir características técnicas moi avanzadas, se fose descoidar precisamente o apartado máis importante e fundamental: o feito de poder comunicarse por voz correctamente.

En conclusión, cantas ventas merece este cacharro? 0. Cantas vai ter ou, de feito,  xa está tendo? Milleiros.

Así é a vida, así somos os seres máis intelixentes do universo.

Saúdos!

Categories: General Tags:

O iPad II

Sábado, 10 de julio de 2010 ppino 1 comentario

Boas de novo amigos!!!

Nun artigo máis antigo xa vos falei do gran avance do iPad. E neste artigo vouvos seguir falando deste trebello (que no artigo anterior chamei pedra invento).

Pois estiva lendo unhas novas tecnolóxicas de todo tipo e de repente vin unha relacionada ca trapallada esta do iPad. E decidín falar un pouco acerca do que lin.

Bueno, o certo e que seique inventaron un accesorio para o iPad que seique permite xogar o arcade utilizando o iPad de pantalla (como unha TFT) ou case polas súas elevadas dimensións.  Aquí dispoño dunhas imaxes explicativas:

Este completo e avanzado accesorio é unha ganga!!! Pode ser seu polo increíble e módico prezo de 118€. Asique  vostede pode xogar o entretido arcade  sen gastar case un peso (é unha forma de falar).

E isto non acaba aquí; cheganme rumores de que están intentando fabricar un accesorio  para unha marca de tractores jhon deere que permitirá ter controlados  os laterais dunha cisterna. Isto supondrá unha triple pedra!!! Con esta evolución en pouco tempo poderemos gozar  dunha canteira na casa.

Sen máis, un cordial saúdo.

Deica logo internautas e grazas!

Categories: General Tags:

Máis de 70.000 casas españolas van con tempo

Martes, 6 de julio de 2010 Kastrillón 1 comentario

Según publicaron en adslzone.net, máis de 70.000 vivendas teñen aínda cunha conexión ADSL de 512 kb. Triste, pero certo. Aínda que, mal por mal, teñen servicio de Internet, porque a saber cantas vivendas hai que nin liña teñen, ou cantas que teñen unha magnífica banda estreita de 56 kb.

O peor de todo é que os responsables de amañar estas catástrofes tecnolóxicas non fan nada, por que? Pois quen o sabe… Seguro que pensarán: “Chega moito o tempo”. E o tempo chega, pero hai que moverse.

Sen máis, despídome animando a esa xentiña que navega cunha conexión a manivela.

Saúdos.

Categories: General Tags:

Denuncian a Telecirco por publicidade engañosa

Martes, 1 de junio de 2010 Enrede Sin comentarios

Un matrimonio de Arteixo interpuxo unha denuncia contra Telecinco Telecirco ó non recibir o premio esperado tras resultar ganadores do concurso “Una casa al día”. O sorteo consistía en que os ganadores podrían elexir unha casa na localidade de España que deseasen. Os coruñeses denuncian que a cadena lles asignou unha casa en León e non lles permitiu cambiala por unha en A Coruña.

Era moita casaza de nuestro señor…..

Categories: TV Tags:

Desarrollan un “hormighón” autorreparador

Martes, 1 de junio de 2010 Enrede Sin comentarios

Pois o que fixeron foi meterlle ó cemento do “hormighón” unhas microcápsulas que conteñen silicato de sodio. Estas microcápsulas “autorreparan” os lugares onde empezan a aparecer as grietas.

Esto é un inventazo da ostia!!! Pero que vai pasar cos albañiles unha vez que se empece a usar este tipo de “hormighón”??? Terán menos traballo do que teñen ahora??? Terán que ter mais estudios pa traballar con ese “hormighón”??? Todo unha incógnita…

Categories: Outros Tags: