Antena WI-FI de largo alcance!!!
Este é un tutorial para construir unha antena WI-FI barata e funcional!
Necesitaremos unha pota de facer o caldo (preferiblemente en desuso), e unha radial (porque como uses a serra de ferro vaiche levar tempo)!
Cortaremos un cacho da medida que queiramos (xa que imos joder a pota aprobeitaremos todo o tamaño posible).
Unha vez que temos cortada a chapa, facemoslle un furado no medio (a ollo) e insertámoslle a típica antena estándar de plástico que non pilla un carallo.
A antena imos colocala no tellado, polo tanto hai que tirar cable desde o tellado hasta onde teñamos o noso ordenador (non escatimedes co cable, se medides e tedes 20 metros cortade 40, é mellor que sobre ca que falte!!!)
Así nos quedaría unha vez acabada e posta no tellado….
Esta antena tranquilamente pilla redes a 5km (se as ondas veñen co aire a favor). No peor dos casos pillarache a 4km e pico.
Hai que ter coidao cos dias de tormenta, igual baixa un rayo e vaiche todo o sistema po carallo, pa eso é recomendable desenchufar o cable da tarxeta de rede cando sintades que está vindo a tronada.
Solo falta joderlle a contraseña WI-FI ó veciño…. pero eso explicareino en próximas actualizacións!
Un saludo a todos os que nos seguides!!!






Comentarios recientes