Sin ADSL nin 3G
Teño a sorte de poder vivir nunha urbe (ou aldea) chamada O Pino na que poseo unha gran facilidade para non poder viciarme ó internete: básicamente porque non requiro de ditos servizos. Neste fermoso e remoto lugar non hai 3G, con tan mala sorte que se vivira desprazado 1km cara o concello de Touro a cobertura 3G botaríase por fóra. Ademáis, tampouco podo usar o servizo ADSL aínda que teño línea de teléfono: ¿por qué? Pois a resposta é sinxela: o alcalde do concello de O Pino, ó cal pertenzo, non considera necesario nin oportuno deixar que ditos habitantes podan gozar dos ”estupendos” servizos de ADSL de Telefónica, xa que non autoriza que dita estupenda compañía poida prestar os seus “maravillosos” servizos a este lugar. Así só podo usar a estupenda velocidade de 64k da cobertura GPRS e que me claven coa factura os de Telefónica ou pagar 200€ por gozar de internete por satélite e, deste xeito, arruinarme e que me embarguen o Polo. Así, a este grupo de inquilinos do Pino so lle queda gozar de saúde e saudar ó seu maravilloso e excelentísimo alcalde. Ata a próxima!!!!!





Comentarios recientes