Archivo

Archivo para la categoría ‘Noticias’

10 Mb a 50 kb

Lunes, 6 de septiembre de 2010 Kastrillón 1 comentario

O título pode parecer enganoso, pero en principio así foi. Un cliente de Movistar Vomistar contratou ADSL 10 Mb despois de que esta marabillosa compañía llo ofrecese, pero o pobre cliente vía que non navegaba con moita soltura e que ver vídeos xa era imposible (normal…).

Loxicamente fixo un test de velocidade e comprobou que a descarga era de 50 kb, unha banda bastante estreita. O home procedeu a denunciar a compañía e esta recoñeceu que o ADSL era totalmente de manivela, e indemnizou ó cliente con 500€, pero iso si, a conexión non lla amañou. Non creo que fixera falta porque supoño que se daría de baixa.

Aínda haberá quen diga que 50 kb dan para navegar e ver o correo, e dar dan, pero grazas á manivela.

Saúdos!

Categories: Noticias Tags:

O iPad

Lunes, 24 de mayo de 2010 ppino 1 comentario

Hoxe vouvos falar un pouco acerca dun dos inventos máis recientes do mundo da tecnoloxía: o iPad. Este invento, que tamén se coñece co nome de ladrillo, bloque ou pedra, ten innumerables vantaxes: tantas que non sei enumerar ningunha. Por este motivo me vou centrar nalgunhas das desvantaxes deste croio (algúns tamén lle chaman así).

Dito bloque, debido ás súas estupendas características de portabilidade, pódese levar fácilmente a calquera lado como se fose un teléfono móvil; bueno, ou case, co único inconvinte de non che colle no pantalón, nin na chaqueta, nin nunha maleta, nin ostias… en definitiva, tes que levalo na man ou deixalo na casa (portabilidade nula). Despois desta breve explicación xa quedan despexadas as dúbidas sobre por qué algúns lle chaman bloque, ladrillo, croio ou pedra. A seguinte imaxe, feita por xente que entende do sistema, é explicativa da súa variedade de nomes.

Tamén salta á vista que se toda a tecnoloxía  evolucionara cunha velocidade rectilínea e uniforme, como este choio, cara a un maior tamaño o resultado sería o seguinte mostrado na imaxe inferior. Sinceramente interesante.

[ipad4.jpg]

Este maravilloso ladrillo tamén ten outro fallirmo tamén: non se pode executar máis dunha aplicación á vez. ¿E qué fas? ¿Bótaslle terra? Unha marabilla como se suele dicir este iPad.

A lista de defectos é interminable: non ten cámara para poder sacar unha foto pa mandarlle á chavala, non ten soporte para Adobe Flash… Este iPad é a ostia!!!!!!!

Un saúdo.

 

Categories: Noticias Tags:

As gafas 3D

Viernes, 21 de mayo de 2010 ppino 1 comentario

Neste artigo vouvos tentar desvelar unha serie de inconvintes do famoso e revolucionario sistema 3D, en concreto das gafas 3D. Estas maravillosas gafas, coas que podes ver como os muñequitos queren salir fora da pantalla, querendo calzar e/ou embazar nas butacas dos cines (como Cinesa), poñendo en perigo as vidas dos correspondentes asistentes ós cines. Isto faravos graza, pero imaxinemonos que por un momento unha persoa da terceira idade asista a unha película en 3D: se coa paixón de Cristo morreron centos de persoas, cunha peli en 3D a castastrofe o resultado podería ser devastador, peor que o Big Bang.

Outro dos inconvintes deste trebello é o seu uso. Imaxinemos que unha persoa que usa gafas normalmente, quere ver unha peli en 3D e vai a Cinesa; danlle as respectivas gafas 3D e agora surxe o problema: ¿Dónde carallo pon as gafas 3D se ten postas as súas gafas? ¿Quita as súas gafas e pon as 3D, pasando toda a peli sen ver nada? Seguro que disfruta moitisimo. ¿ Ou pola contra non pón as gafas 3D e paga 10€ como se fora ver unha peli sin dito servizo? A única solución para poder ver en 3D unha persoa que ten gafas é que poña as gafas 3D por diante das outras, facendo unha maniobra de calzamiento redondo.

Para solucionar este problema terían que fabricar tamén unhas lentillas 3D, que neste caso pagarías pola peli 30€ (o importe sube algo de prezo xa que as lentillas costarían algo máis).

Un saúdo ó creador das gafas 3D.

Categories: Noticias Tags: