Miércoles, 26 de mayo de 2010
ppino

Boas amigos e amigas! Antes de nada gustaríame dedicar este artículo con cariño para tódolos GPS do mundo, un invento xenial. Vouvos explicar a súa funcionalidade cun exemplo.
-Un día calquera, no Pino e con 40º á sombra, co aire acondicionado escarallado estropeado, e ti tas algo cabreado (de mala ostia). Tecléaslle ó GPS o destino desexado, por exemplo Touro, e o fenómeno deste trebello márcache a ruta a seguir. Ata aquí todo correcto. Ahh!! Todo non. Fíxate no aparello. Para ir do Pino a Touro resulta que o choio te manda ir dar a volta a Tordoia. Para que vos fagades unha idea, esto equivale a dar unha voltiña de 60 km, gastar 5,5 litros de gasoil ou cabrearte mais do que estás e empezar a darlle ostias golpes a esta bomba.
Con este feito pódese sacar varias conclusións:
1.O GPS é coma un rapaz pequeno: hai que estar vixiándoo constantemente para que non mexe por un e así poder levalo ó rego.
2.O GPS é coma un rapaz pequeno (é necesario facer fincapé nesta expresión): tes que cabrearte, envenenarte, e acordarte da familia do de aí enriba pa que che faga caso. Posteriormente apagaríamos o trebello este ou apagaríase el mesmo se lle reventas a pantalla a ostias.
Ademáis o GPS é un aparato que está mal da cabeza: se vas por unha carretera que el non reconoce, según esta pedra estás no fin do mundo ou andando co cohe por encima de prados, montes, guicholos, canizando nas patacas, etc, xa que, para él non vas por unha carretera.
O que vos dicía: non vale para nada máis que para xogar ou poñerte de mala ostia.
Un saúdo a todos e todas e a disfrutar do GPS. Ata o próximo artigo!!!!
Lunes, 24 de mayo de 2010
ppino
Boas. Neste artigo, falareivos un pouco da SGAE ESGAY.
Esta marabillosa sociedade quere tomar protagonismo na actualidade mediante as súas intrépidas e paveras leis. Como todos sabemos dóuselle, porque lle saíu das pelotas, de prohibir que se sintonice o arradio nos transportes públicos se non pagan uns dereitos.Estes son o carallo!!! Agora tes que ir no coche de línea (autobús) escoitando broar o motor do autobús. Unha braña!!! Aquí podemos ver como a SGAE ten falta de cartos e se mata por recuperar 1 céntimos que tragou o elefante no medio dunha lata de silo de millo (Esta afoto foi pillada por un programa da tvg pillados).

Esta serie de leis, polo tanto, tamén mete no mesmo pipo os taxistas. Agora se lle vai unha patrona e lle pide que poña os “40 animales”, o taxista ten tres opcións:
1. O taxista é calado e dille que non pode por unha lei; neste caso o dono do automóbil faille un feo a señora e non volta a este taxista.
2.O chofer quere explicarlle á dona por qué non pode poñerlle o arradio; neste caso o conductor distráese e pode perder o control do vehículo.
3.O tipo faise o machirmo, quéntase todo, e ponlle o arradio, arriesgandose e que lle caia un paquete.
En definitiva, a SGAE ESGAY sacha cartos onde quere!!!
Ata o próximo artigo.
Lunes, 24 de mayo de 2010
ppino

Boas amigos e amigas desta páxina.
Apetéceme falar dunha marabilla, o Open Office, ó que só lle vexo unha cousa boa: que é gratis. O resto son todo cousas malirmas (tamén chamados conachadas defectos).
Esta trapallada non vale nin pa tomar por detrás. Vouvos citar exemplos.
Un día tes que facer un traballo e abres o carallo do Open Office Writer. Tas na Wikipedia nunha enclopedia en internete e claro, queres copiar un texto. Copialo e daslle a pegar en Open Office. E aquí temos a sorpresa!! Resulta que che pega o texto e máis unha rayita que toca no carallo e que pa sacala ai que facer números. Neste momento empezas a baixar a tódolos familiares de Jesucristo pa terra e sin culpa ningunha. É como se queres ir a de Madrid a Barcelona e vas dala volta á Murcia. Un puto atraso!!!!
Outro caso: Imaxina tamén que tes unha presentación normal feita nun Open Office Impress. Ábrelo noutro ordenador con outra versión e… Sorpresa!!!!! Descolócache todo. Cabalgan as imaxes por encima do texto, despraza o texto, etc. En definitiva, unha puta zambomba. É unha peste, peor ca mera (a das patacas).
Outro caso tamén do Writer. As veces faiche unhas tabulacións rarirmas, unha braña redonda. É mellor escribir sobre pergamino ou volver ós xeroglíficos antes de cabrearte e desfacelo ordenador a ostia limpia!!!!!
Un saúdo pa tódolos galeg@s que nos siguen.
Lunes, 24 de mayo de 2010
ppino
Hoxe vouvos falar un pouco acerca dun dos inventos máis recientes do mundo da tecnoloxía: o iPad. Este invento, que tamén se coñece co nome de ladrillo, bloque ou pedra, ten innumerables vantaxes: tantas que non sei enumerar ningunha. Por este motivo me vou centrar nalgunhas das desvantaxes deste croio (algúns tamén lle chaman así).
Dito bloque, debido ás súas estupendas características de portabilidade, pódese levar fácilmente a calquera lado como se fose un teléfono móvil; bueno, ou case, co único inconvinte de non che colle no pantalón, nin na chaqueta, nin nunha maleta, nin ostias… en definitiva, tes que levalo na man ou deixalo na casa (portabilidade nula). Despois desta breve explicación xa quedan despexadas as dúbidas sobre por qué algúns lle chaman bloque, ladrillo, croio ou pedra. A seguinte imaxe, feita por xente que entende do sistema, é explicativa da súa variedade de nomes.

Tamén salta á vista que se toda a tecnoloxía evolucionara cunha velocidade rectilínea e uniforme, como este choio, cara a un maior tamaño o resultado sería o seguinte mostrado na imaxe inferior. Sinceramente interesante.
![[ipad4.jpg]](http://1.bp.blogspot.com/_SZqqXeCx85I/S2a7NNkA4-I/AAAAAAAAJeU/F0jJFfSogfM/s1600/ipad4.jpg)
Este maravilloso ladrillo tamén ten outro fallirmo tamén: non se pode executar máis dunha aplicación á vez. ¿E qué fas? ¿Bótaslle terra? Unha marabilla como se suele dicir este iPad.
A lista de defectos é interminable: non ten cámara para poder sacar unha foto pa mandarlle á chavala, non ten soporte para Adobe Flash… Este iPad é a ostia!!!!!!!
Un saúdo.
Viernes, 21 de mayo de 2010
ppino

Neste artigo vouvos tentar desvelar unha serie de inconvintes do famoso e revolucionario sistema 3D, en concreto das gafas 3D. Estas maravillosas gafas, coas que podes ver como os muñequitos queren salir fora da pantalla, querendo calzar e/ou embazar nas butacas dos cines (como Cinesa), poñendo en perigo as vidas dos correspondentes asistentes ós cines. Isto faravos graza, pero imaxinemonos que por un momento unha persoa da terceira idade asista a unha película en 3D: se coa paixón de Cristo morreron centos de persoas, cunha peli en 3D a castastrofe o resultado podería ser devastador, peor que o Big Bang.
Outro dos inconvintes deste trebello é o seu uso. Imaxinemos que unha persoa que usa gafas normalmente, quere ver unha peli en 3D e vai a Cinesa; danlle as respectivas gafas 3D e agora surxe o problema: ¿Dónde carallo pon as gafas 3D se ten postas as súas gafas? ¿Quita as súas gafas e pon as 3D, pasando toda a peli sen ver nada? Seguro que disfruta moitisimo. ¿ Ou pola contra non pón as gafas 3D e paga 10€ como se fora ver unha peli sin dito servizo? A única solución para poder ver en 3D unha persoa que ten gafas é que poña as gafas 3D por diante das outras, facendo unha maniobra de calzamiento redondo.
Para solucionar este problema terían que fabricar tamén unhas lentillas 3D, que neste caso pagarías pola peli 30€ (o importe sube algo de prezo xa que as lentillas costarían algo máis).
Un saúdo ó creador das gafas 3D.

Comentarios recientes