Humor galego

Boas xente!
Vouvos falar dunha nova que lin sobre a ciencia hoxe: unha impresora que é capaz de imprimir obxectos en 3D, é dicir, en tres dimensións. O deseño non se parece moito ao das actuais impresoras pero seica vai na llama! Aquí temos unha imaxe:

Esta impresora, fabricada en EEUU, é o último do mercado en impresoras xa que é capaz de reproducir os píxels dun debuxo dun PC nunha figura real a unha escala milimétrica. Esta máquina traballa con algoritmos e é capaz de reproducir unha chea de obxectos e formas. A partir de pezas pequenas vaise facendo o obxecto desexado.
Este trebello sae como o último invento no ámbito das impresoras e os científicos deseñadores deste invento xa traballan para mellorala. Segundo puidemos informarnos, este grupo de científicos andan traballando para que poida ser unha ferramenta esencial para a agricultura e gandaría. Seica andan matinando como facer para poder imprimir Barreiros e Jhon Deere coa súa respectiva maquinaria: cisterna, fresadora, remexedor do purín, abonadora, etc. Pero teñen un problema: a impresora aumenta considerablemente de tamaño e están tratando de resolver este mero trámite. O resultado co que contan estes fenómenos é máis ou menos este:

Bueno agricultor@s e gandeir@s espero que esta máquina poida traballar ao voso gusto!
Sen máis, ata a próxima!
Boas de novo internautas!

Chamoume a atención unha nova que lin na páxina tiraMillas.net e gustaríame falar un pouco sobre ela.
Pois a noticia fala de que os propietarios de iPhone son os usuarios de móviles con maior actividade sexual, por encima dos que usan as Blackberry e Android. Así se posees un iPhone serás o king (rei) do ligoteo! Según esta noticia os propietarios dun iPhone aos 30 anos xa mantiveran relacións sexuais con 10 mulleres distintas.

Eu se esta noticia é certa ou non, non o sei. Pero teño un amigo, chamado Antonio (para os amigos “Toni”) que tiña 29 anos e 11 meses e nunca un pub nin discoteca pisara. Dito individuo posuía unha Blackberry e enterouse da nova e o outro día xa foi mercar o iPhone 4. Oe, e parece que foi Dios! En dúas semanas chimpou a VINTE E PICO mulleres de golpe; e sen saír da casa. As rapazas a chegarlle cos coches á eira e seus abuelos axudándolle ás chavalas a aparcalos. Ata tiveron que quitalo tractor da eira que non había sitio con tanta rapazada! Era un cachondeo pa coller vez para gozar de Toni.
A historia de Antonio non sei se sería unha casualidade ou unha persoa máis que confirma o estudo. Eso non o sei; xuzguen vostedes.
Con cariño, ata a próxima!
Boas de novo amigos!!!
Nun artigo máis antigo xa vos falei do gran avance do iPad. E neste artigo vouvos seguir falando deste trebello (que no artigo anterior chamei pedra invento).
Pois estiva lendo unhas novas tecnolóxicas de todo tipo e de repente vin unha relacionada ca trapallada esta do iPad. E decidín falar un pouco acerca do que lin.
Bueno, o certo e que seique inventaron un accesorio para o iPad que seique permite xogar o arcade utilizando o iPad de pantalla (como unha TFT) ou case polas súas elevadas dimensións. Aquí dispoño dunhas imaxes explicativas:
Este completo e avanzado accesorio é unha ganga!!! Pode ser seu polo increíble e módico prezo de 118€. Asique vostede pode xogar o entretido arcade sen gastar case un peso (é unha forma de falar).
E isto non acaba aquí; cheganme rumores de que están intentando fabricar un accesorio para unha marca de tractores jhon deere que permitirá ter controlados os laterais dunha cisterna. Isto supondrá unha triple pedra!!! Con esta evolución en pouco tempo poderemos gozar dunha canteira na casa.
Sen máis, un cordial saúdo.
Deica logo internautas e grazas!
Comentarios recientes