Archivo

Archivo del autor

¿En que consiste o ADSL?

Miércoles, 19 de mayo de 2010 Kastrillón 1 comentario

A grandes rasgos, a tecnoloxía ADSL é bastante simple. Principalmente, é necesario contratar ADSL con algunha compañía que o ofreza, isto é vital. Posteriormente, unha vez que nos chegue o router á casa (ben por correo ou ben por un técnico), non temos máis que conectar un ERRE-IOTA 11 (RJ-11) do router á roseta/splitter/PTR/PCR. Por outra banda, conectamos o ERRE-IOTA 45 (RJ-45) do router ó PC, ou tamén podemos conectar por Wi-Fi (b/g ou incluso n). Unha vez feitas todas estas cousas de acción tan complexa, procedemos a abrir o Internet Explorer e, se todo vai ben, é porque temos conexión ADSL establecida. O primeiro que facemos antes de navegar é descargar a última versión do Mozilla Firefox (o IE podemos incluso desinstalalo, é unha castaña). Unha vez instalado o navegador xa podemos disfrutar de Internet, a máis ou menos velocidade, según a conexión que teñamos (lembrámosvos que no concello de O Pino, entre outros, a velocidade máxima alcanzable é duns 56 kbps teóricos (reais 20)).

Nada máis, con este extenso e técnico artigo entenderedes á perfección como funciona o ADSL.

Saúdos.

Categories: General Tags: