Archivo

Archivo del autor

10 Mb a 50 kb

Lunes, 6 de septiembre de 2010 Kastrillón 1 comentario

O título pode parecer enganoso, pero en principio así foi. Un cliente de Movistar Vomistar contratou ADSL 10 Mb despois de que esta marabillosa compañía llo ofrecese, pero o pobre cliente vía que non navegaba con moita soltura e que ver vídeos xa era imposible (normal…).

Loxicamente fixo un test de velocidade e comprobou que a descarga era de 50 kb, unha banda bastante estreita. O home procedeu a denunciar a compañía e esta recoñeceu que o ADSL era totalmente de manivela, e indemnizou ó cliente con 500€, pero iso si, a conexión non lla amañou. Non creo que fixera falta porque supoño que se daría de baixa.

Aínda haberá quen diga que 50 kb dan para navegar e ver o correo, e dar dan, pero grazas á manivela.

Saúdos!

Categories: Noticias Tags:

Novo iPhone 4. Un teléfono que non vale para falar

Sábado, 24 de julio de 2010 Kastrillón 1 comentario

Quen nos iba dicir que en plena era de avances tecnolóxicos iban pasar cousas destas. Resulta de que o novo iPhone ten graves problemas de cobertura cando se agarra dun xeito determinado, é dicir, é moi fino e hai que collelo con pinzas para que a cobertura non castañee. De feito, Apple está regalando fundas ós compradores, que solucionan este problema (xa é triste a solución tomada…).

Ben se sabe que dun móbil coma este o cliente espera que a cobertura se bote por fóra…

Pero é moi curioso que nun terminal no cal se puxo tanto empeño por introducir características técnicas moi avanzadas, se fose descoidar precisamente o apartado máis importante e fundamental: o feito de poder comunicarse por voz correctamente.

En conclusión, cantas ventas merece este cacharro? 0. Cantas vai ter ou, de feito,  xa está tendo? Milleiros.

Así é a vida, así somos os seres máis intelixentes do universo.

Saúdos!

Categories: General Tags:

Máis de 70.000 casas españolas van con tempo

Martes, 6 de julio de 2010 Kastrillón 1 comentario

Según publicaron en adslzone.net, máis de 70.000 vivendas teñen aínda cunha conexión ADSL de 512 kb. Triste, pero certo. Aínda que, mal por mal, teñen servicio de Internet, porque a saber cantas vivendas hai que nin liña teñen, ou cantas que teñen unha magnífica banda estreita de 56 kb.

O peor de todo é que os responsables de amañar estas catástrofes tecnolóxicas non fan nada, por que? Pois quen o sabe… Seguro que pensarán: “Chega moito o tempo”. E o tempo chega, pero hai que moverse.

Sen máis, despídome animando a esa xentiña que navega cunha conexión a manivela.

Saúdos.

Categories: General Tags:

Sálvame Delixo

Lunes, 24 de mayo de 2010 Kastrillón 1 comentario

Pero vamos a ver ou… Quen ve esta porquería de TeleCirco? Vale que o teñas que ver porque túa avoa che mande, ou que o teñas que ver porque non estás na túa casa e hai que aguantalo.

Colaboradores penosos, temática absurda, presentador absurdo, e incluso, melodía absurda!!! O que se considera un truñazo de programa e unha peniña televisiva. Con Mulleres Homes e Maríasantirma xa é suficiente!

Non ás penosidades na TV! Saúdos!

Categories: TV Tags:

Crítica á Atención “Técnica” ADSL

Lunes, 24 de mayo de 2010 Kastrillón Sin comentarios

Como ben di o título, nesta ocasión aproveito para criticar á atención técnica ADSL, aplicable a calquera operador.

Vou criticar o procedemento tan absurdo que leva a cabo esta xentiña. Chamas porque che vai a conexión de pena, e sucede o seguinte:

Caso 1: Como te conectas?
Por cable ou Wi-Fi. Supoñamos que conectas inalambricamente. Todos sabemos que as perdas de velocidade (se realmente existen) con respecto ó cable son nulas. Pois ben, dinche que a perda é normal (aínda que se perdan 5 Mb). Entón, o cliente queda todo convencido, dalle as grazas, colga e conecta por cable. Conclusión: avería “solucionada”, pero o cliente segue cos mesmos problemas.

Caso 2: Resetee o router
Esta recomendación é, se cabe, máis absurda e inútil cá primeira, por que? Pois porque o único que conseguimos reseteando o router é, entre outras cousas, perder configuracións, como pode ser a configuración Wi-Fi.

Caso 3: Hai unha avería nacional-global
Esta é a mellor. Se xa probaches de todo e non foi nada, diranche que hai unha incidencia local, nacional ou incluso mundial, trola que un cliente pouco experimentado aceptará sen problemas.

CONCLUSIÓN FINAL: Se o fallo está no cableado ou na central, que en moitos casos así é, teraste que aguantar e tragar os baixóns de velocidade. O cliente común e pouco experimentado queda convencido. O cliente algo experimentado queda defraudado. Pero ambos quedan fodidos.

A coidarse xente, un saúdo.

 

Categories: Problemas ADSL / Telefonía Tags: