10 Mb a 50 kb
O título pode parecer enganoso, pero en principio así foi. Un cliente de Movistar Vomistar contratou ADSL 10 Mb despois de que esta marabillosa compañía llo ofrecese, pero o pobre cliente vía que non navegaba con moita soltura e que ver vídeos xa era imposible (normal…).
Loxicamente fixo un test de velocidade e comprobou que a descarga era de 50 kb, unha banda bastante estreita. O home procedeu a denunciar a compañía e esta recoñeceu que o ADSL era totalmente de manivela, e indemnizou ó cliente con 500€, pero iso si, a conexión non lla amañou. Non creo que fixera falta porque supoño que se daría de baixa.
Aínda haberá quen diga que 50 kb dan para navegar e ver o correo, e dar dan, pero grazas á manivela.
Saúdos!
Categories: Noticias




Eu penso que ó tipo lle compensaba oiches! O que pasa é que agora hai moito vicio! jeje