Inicio > General > A impresora do futuro

A impresora do futuro

Viernes, 27 de agosto de 2010 ppino Dejar un comentario Ir a comentarios

Boas xente!

Vouvos falar dunha nova que lin sobre a ciencia hoxe: unha impresora que é capaz de imprimir obxectos en 3D, é dicir, en tres dimensións. O deseño non se parece moito ao das actuais impresoras pero seica vai na llama! Aquí temos unha imaxe:

Esta impresora, fabricada en EEUU, é o último do mercado en impresoras xa que é capaz de reproducir os píxels dun debuxo dun PC nunha figura real a unha escala milimétrica. Esta máquina traballa con algoritmos e é capaz de reproducir unha chea de obxectos e formas. A partir de pezas pequenas vaise facendo o obxecto desexado.

Este trebello sae como o último invento no ámbito das impresoras e os científicos deseñadores deste invento xa traballan para mellorala. Segundo puidemos informarnos, este grupo de científicos andan traballando para que poida ser unha ferramenta esencial para a agricultura e gandaría. Seica andan matinando como facer para poder imprimir Barreiros e Jhon Deere coa súa respectiva maquinaria: cisterna, fresadora, remexedor do purín, abonadora, etc. Pero teñen un problema: a impresora aumenta considerablemente de tamaño e están tratando de resolver este mero trámite. O resultado co que contan estes fenómenos é máis ou menos este:

Bueno agricultor@s e gandeir@s espero que esta máquina poida traballar ao voso gusto!

Sen máis, ata a próxima!

Categories: General Tags:
  1. Sin comentarios aún.
  1. Sin trackbacks aún.