Co iPhone serás o “King”
Boas de novo internautas!

Chamoume a atención unha nova que lin na páxina tiraMillas.net e gustaríame falar un pouco sobre ela.
Pois a noticia fala de que os propietarios de iPhone son os usuarios de móviles con maior actividade sexual, por encima dos que usan as Blackberry e Android. Así se posees un iPhone serás o king (rei) do ligoteo! Según esta noticia os propietarios dun iPhone aos 30 anos xa mantiveran relacións sexuais con 10 mulleres distintas.

Eu se esta noticia é certa ou non, non o sei. Pero teño un amigo, chamado Antonio (para os amigos “Toni”) que tiña 29 anos e 11 meses e nunca un pub nin discoteca pisara. Dito individuo posuía unha Blackberry e enterouse da nova e o outro día xa foi mercar o iPhone 4. Oe, e parece que foi Dios! En dúas semanas chimpou a VINTE E PICO mulleres de golpe; e sen saír da casa. As rapazas a chegarlle cos coches á eira e seus abuelos axudándolle ás chavalas a aparcalos. Ata tiveron que quitalo tractor da eira que non había sitio con tanta rapazada! Era un cachondeo pa coller vez para gozar de Toni.
A historia de Antonio non sei se sería unha casualidade ou unha persoa máis que confirma o estudo. Eso non o sei; xuzguen vostedes.
Con cariño, ata a próxima!




Comentarios recientes