Novo iPhone 4. Un teléfono que non vale para falar
Quen nos iba dicir que en plena era de avances tecnolóxicos iban pasar cousas destas. Resulta de que o novo iPhone ten graves problemas de cobertura cando se agarra dun xeito determinado, é dicir, é moi fino e hai que collelo con pinzas para que a cobertura non castañee. De feito, Apple está regalando fundas ós compradores, que solucionan este problema (xa é triste a solución tomada…).
Ben se sabe que dun móbil coma este o cliente espera que a cobertura se bote por fóra…
Pero é moi curioso que nun terminal no cal se puxo tanto empeño por introducir características técnicas moi avanzadas, se fose descoidar precisamente o apartado máis importante e fundamental: o feito de poder comunicarse por voz correctamente.
En conclusión, cantas ventas merece este cacharro? 0. Cantas vai ter ou, de feito, xa está tendo? Milleiros.
Así é a vida, así somos os seres máis intelixentes do universo.
Saúdos!




Nada kastrillon!!! Non ai forma. Os de Apple non fan mais ke tocalo carallo. Cando non se lle pon idea non e nada jeje.