Archivo

Archivo para Miércoles, 26 de mayo de 2010

Antena WI-FI de largo alcance!!!

Miércoles, 26 de mayo de 2010 Enrede 3 comentarios

Este é un tutorial para construir unha antena WI-FI barata e funcional!

Necesitaremos unha pota de facer o caldo (preferiblemente en desuso), e unha radial (porque como uses a serra de ferro vaiche levar tempo)!

Cortaremos un cacho da medida que queiramos (xa que imos joder a pota aprobeitaremos todo o tamaño posible).

Unha vez que temos cortada a chapa, facemoslle un furado no medio (a ollo) e insertámoslle a típica antena estándar de plástico que non pilla un carallo.

A antena imos colocala no tellado, polo tanto hai que tirar cable desde o tellado hasta onde teñamos o noso ordenador (non escatimedes co cable, se medides e tedes 20 metros cortade 40, é mellor que sobre ca que falte!!!)

Así nos quedaría unha vez acabada e posta no tellado….

Esta antena tranquilamente pilla redes a 5km (se as ondas veñen co aire a favor). No peor dos casos pillarache a 4km e pico.

Hai que ter coidao cos dias de tormenta, igual baixa un rayo e vaiche todo o sistema po carallo, pa eso é recomendable desenchufar o cable da tarxeta de rede cando sintades que está vindo a tronada.

Solo falta joderlle a contraseña WI-FI ó veciño…. pero eso explicareino en próximas actualizacións!

Un saludo a todos os que nos seguides!!!

Categories: Tutoriales Tags:

¿Necesitas máis velocidade?

Miércoles, 26 de mayo de 2010 Enrede Sin comentarios

Menudo anuncio máis pavero me acabo de encontrar en youtube! XD

É un anuncio moi realista, aínda que xa ten 3 anos seguimos nas mismas!!!

Categories: Publicidade ADSL Tags:

O GPS

Miércoles, 26 de mayo de 2010 ppino 3 comentarios

 

Boas amigos e amigas! Antes de nada gustaríame dedicar este artículo  con cariño para tódolos GPS do mundo, un invento xenial. Vouvos explicar a súa funcionalidade cun exemplo.

-Un día calquera, no Pino e con 40º á sombra, co aire acondicionado escarallado estropeado, e ti tas algo cabreado (de mala ostia). Tecléaslle ó GPS o destino desexado, por exemplo Touro, e o fenómeno deste trebello márcache a ruta a seguir. Ata aquí todo correcto. Ahh!! Todo non. Fíxate no aparello. Para ir do Pino a Touro resulta que o choio te manda ir dar a volta a Tordoia. Para que vos fagades unha idea, esto equivale a dar unha voltiña de 60 km, gastar 5,5 litros de gasoil ou cabrearte mais do que estás e empezar a darlle ostias golpes a esta bomba.

Con este feito pódese sacar varias conclusións:

1.O GPS é coma un rapaz pequeno: hai que estar vixiándoo constantemente para que non mexe por un e así poder levalo ó rego.

2.O GPS é coma un rapaz pequeno (é necesario facer fincapé nesta expresión): tes que cabrearte, envenenarte, e acordarte da familia do de aí enriba pa que che faga caso. Posteriormente apagaríamos o trebello este ou apagaríase el mesmo se lle reventas a pantalla a ostias.

Ademáis o GPS é un aparato que está mal da cabeza: se vas por unha carretera que el non reconoce, según esta pedra estás no fin do mundo ou andando co cohe por encima de prados, montes, guicholos, canizando nas patacas, etc, xa que, para él non vas por unha carretera.

O que vos dicía: non vale para nada máis que para xogar ou poñerte de mala ostia.

Un saúdo a todos e todas e a disfrutar do GPS. Ata o próximo artigo!!!!

Categories: General Tags:

Megaupload Merdium

Miércoles, 26 de mayo de 2010 Jomes 6 comentarios

Moi boas compañeiros! Hoxe vouvos falar da famosa conta denominada Megaupload. Para min é unha gran merda!

O outro día fixen unha proba nun bar que ten dita conta e pa miña sorpresa descarga a mesma velocidade!!! A 650 kbps. Probei coa descarga normal e coa conta Premiun e a única ventaxa e que podes comenzar a descarga sin esperar 45 segundos e descargar máis de 1 a vez. Cousa que vexo unha fozada porque empeza a zorrearche a conexión!

A miña opinión e que é unha trapalla como unha casa. Espero que me comentedes a vosa opinión.

Un saúdo para os de Laracha que van entrando de moito carallo, grazirmas.

Categories: General Tags: